Sinopsis
A familia Capibara decide ir visitar os seus primos, pero é unha viaxe longa e moi perigosa. Teñen que permanecer unidos.
A pequena Capi crúzase coa bolboreta máis incrible que viu na súa vida e non pode evitar botar a correr detrás dela. "Onde está Capi?", di o seu irmán. Toda a familia ponse a buscala e pregunta por ela a distintos animais: un cervo, un armadillo e mesmo unha temible anaconda! Pero ningún lles pode axudar. Atoparán a Capi?