Datos del libro

A MULLER DE LONA

A MULLER DE LONA
SANTOS LEDO, ALBERTE

  • Editorial
    LAIOVENTO
  • Materia FICCION MODERNA Y CONTEMPORANEA
  • Colección LAIOVENTO
  • EAN 9788484875840
  • Estado Disponible
  • Páginas 238
  • Tamaño 210x140x13 mm.
  • Peso 335
  • Fecha de lanzamiento: 01/06/2022
Imp. incluídos 17,95€

Sinopsis

O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que convive clandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamada da súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e da que non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúas encrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelo publicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de inverno duns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seu hábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistencia individual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica que esmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súa individualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacéns axúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazas que amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e os patróns dominantes das grandes campañas de publicidade.
A novela resolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, a veciñanza, un comunicante anónimo, ...
O autor fai un intenso exercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendo unha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempo que ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constante movemento.


“Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxio laboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a que plantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos que resistimos”.

Libros de interés de la misma colección
RICARO II (GALEGO)
14,96€ %
LOAIRA
29,95€ %
NINGUÉN DORME
14,00€ %
O GALEGO, LÍNGUA NACINAL...OU LINGUA AUTONÓMICA?
29,95€ %
FAUSTO
29,95€ %
PANDRAMA
10,00€ %
TERRA BAIXA
12,95€ %
ENTRE A MEMORIA E O ESQUECEMENTO
14,96€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos
LOAIRA
29,95€ %
O COLOSO DE MARUSI
19,95€ %
CUMES TORBOENTOS
23,95€ %
GOLFARÓNS DE SANGUE
24,95€ %
O PODER QUE CAMIÑA NAS TEBRAS
24,95€ %
AS COUSAS POLO NOME
19,95€ %
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
14,90€ %