Datos del libro

MEMORIAS DUN EXGALEGO

MEMORIAS DUN EXGALEGO
ARAÚJO, JOSIÑO

  • Editorial
    LAIOVENTO
  • Materia FICCION MODERNA Y CONTEMPORANEA
  • Colección LAIOVENTO
  • EAN 9788484875826
  • Estado Disponible
  • Páginas 294
  • Tamaño 210x140x18 mm.
  • Peso 338
  • Fecha de lanzamiento: 01/10/2021
Imp. incluídos 21,95€

Sinopsis

"Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín". Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao "éxito".
Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida. En certos momentos quizais nos lembre, por razóns moi diversas, outros personaxes literarios como Ignatius J. Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si. Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co seu trepidante ritmo cinematográfico.
Atención ao inesquecible final.

Libros de interés de la misma colección
A CONDICIÓN HUMANA
21,95€ %
DIARIO DUNHA CAMAREIRA
24,95€ %
RICARDO II (GALEGO)
14,96€ %
O ATRASO ECONÓMICO DE GALIZA 4ªED.
24,95€ %
EXHORTACIÓN Á DEASOBEDIENCIA
14,00€ %
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
14,00€ %
O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA
14,75€ %
NATUREZA E VULNERABILIDADE
19,95€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos
A CONDICIÓN HUMANA
21,95€ %
DIARIO DUNHA CAMAREIRA
24,95€ %
LÉXICO FAMILIAR
17,95€ %
O PORTÃO VERDE
14,96€ %
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
17,95€ %
LOAIRA
29,95€ %
O COLOSO DE MARUSI
19,95€ %