Datos del libro

UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA

UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
REDONSO ABAL, FRANCISCO XAVIER

  • Editorial
    LAIOVENTO
  • Materia HISTORIA: ACONTECIMIENTOS Y TEMAS ESPECIFICOS
  • Colección LAIOVENTO
  • EAN 9788484877677
  • Estado Disponible
  • Páginas 168
  • Tamaño 210x140x14 mm.
  • Peso 300
  • Fecha de lanzamiento: 01/04/2026
Imp. incluídos 17,95€

Sinopsis

Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista, militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións da segunda. A guerra, con toda a súa crueza, esmagou vidas e proxectos e o réxime lexítimo da Segunda República só tiña unha resposta: resistir.
Peinador foi un home lonxe de apaixonamentos revolucionarios, non era un marxista. Cría nas leis, na tolerancia e no respecto. Tamén na igualdade e na solidariedade. Por iso, custa entender que un tribunal militar ditase a última pena contra el e outras 43 persoas nun célebre e irregular consello de guerra celebrado no Madrid da posguerra. A xustiza de Franco aplicada dende unha óptica vingativa, sen garantías xurídicas e cunha mensaxe carente de humanidade.
A presenza como xuíz de Peinador no Comité Provincial de Investigación Pública así como o seu paso en calidade de fiscal acusador contra elementos da Quinta Columna madrileña, pesaron máis que os informes favorábeis de moitos dereitistas salvados dunha morte segura por Enrique. Inocente en todos os sentidos, o seu fusilamento respondeu a súa condición de vencido e, en especial, ao carácter de exemplaridade do tribunal fascista que, de maneira alucinante, xulgou acusando de rebelión militar a aqueles que permaneceran fieis ao réxime constitucional e lexítimo.

Libros de interés de la misma colección
RICARDO II (GALEGO)
14,96€ %
RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUCTORA DAS MARXES
19,95€ %
O GALEGO, LÍNGUA NACINAL...OU LINGUA AUTONÓMICA?
29,95€ %
CONFLICTO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
24,95€ %
NINGUÉN DORME
14,00€ %
LOAIRA
29,95€ %
TERRA BAIXA
12,95€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos